Searching...
domingo, 3 de novembro de 2013

Crónica 7ª Xornada Galega Sur

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD volve á senda do triunfo cunha segunda parte para enmarcar e un primeiro tempo marcado pola falta de acerto.

O inicio do partido dos visitantes era esperanzador, nos primeiros 3 minutos sucedéronse cinco ocasións claras para inaugurar o marcador, pero o gol non chegaba. Co pasar dos minutos, continuaba o asedio á portería rival, pero a falta de acerto propiciaba que o marcador mantivese o resultado inicial. Aos 11 minutos, Mauro aplicaba un máxima do deporte, o que perdoa págao, e nunha xogada persoal puña o 1 a 0 no marcador, nunha das poucas oportunidades dos locais. Os visitantes reaccionaron ao gol e continuaban as ocasións erradas, pero no minuto 14 chegou o acerto, e Víctor facía o empate nunha boa transición ofensiva finalizada ao segundo pau. Tan só un minuto despois, un novo erro na finalización dunha contra visitante, propiciaba un saque longo do porteiro e cun dous para un, dos locais, Fernando volvía adiantar ao Garciaarujo no marcador. Co 2 a 1 chegouse ao descanso.

A segunda metade foi totalmente diferente e o 7A9CAFyD mellorou substancialmente as súas porcentaxes de acert,o conseguindo un total de 8 goles. No minuto 22, Farra conseguía o empate cun disparo raso desde o lateral da área. Aos dous minutos do empate, apareceu Nando, que ao cabo conseguiría un hatt trick. No 30, Millán ampliaba distancias cunha rápida contra que puña o 2 a 4 no marcador. Nos minutos 31 e 32 Nando, que volvera á pista, conseguiu dous novos goles que ampliaban a vantaxe a catro. 

Cando parecía que o partido estaba sentenciado, emerxeu o afán de protagonismo de quen non o debe ter, e por enésima vez, os árbitros convertéronse en protagonistas. En tres minutos, cando os visitantes só tiñan un falta, entre o 32 e o 35, sinalaron cinco faltas contra o 7A9CAFyD, 3 delas posteriores e difíciles de entender na súa maioría. Iso propiciou o lanzamento de dobre penalti e o 3 a 6 para os locais, obra de Damián no minuto 35. Iso si ao equipo local perdóaselle unha vermella a un dos seus xogadores, nunha clara agresión tras ir non só unha, senón dúas veces na mesma xogada en busca dun xogador noso e cazalo por detrás. 

O gol espoleou aos locais, e acto seguido con porteiro xogador na pista lograron un novo gol que situaba o 4 a 6 con 5 minutos por xogar. Tras o gol e un tempo morto solicitado polos visitantes, o equipo recompúxose e logrou tres goles máis, por medio de Isaac, Pelao e Abel, que sentenciaban o partido a falta de 3 minutos. Cando parecía que non podía pasar nada máis estrano no partido, a falta de 1 minuto, de novo o afán de protagonismo arbitral. Sinálase un penalti en contra do 7A9CAFyD e ao preguntar a un deles respóndese, "que máis vos dá mirar o marcador". Pois sinceramente non se trata de que máis nos dá, trátase de que cada un cumpra co seu traballo e de ser imparciais. Todos equivocámonos, e cando os erros son humanos sempre se nivela a balanza, pero cando esta se desnivela en exceso para un dos dous lados, xa non se trata de erros, senón doutro tipo de actuacións que non imos cualificar. 

Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Pol, Iván, Víctor, Abel, Alex. Xogaron: Nando, Pelao, José R., Farra, Millán, Isaac e Néstor.
Garciaaraujo.com FS.-
Cinco Inicial: Borja, Martín, Damián, Jorge, Manuel Xogaron: Arturo, Juan Antonio, Xullo, David, Manuel, Mauro.

Equipo arbitral: Delmiro Araujo e Enrique Novoa. Cronometrador: Jorge Varela

Goles:
1-0 Mauro, Min. 11 / 1-1 Víctor, Min. 14 / 2-1 Fernando, Min. 15 / 2-2 Farra, Min. 22 / 2-3 Nando, Min. 24 / 2-4 Millán Min. 30 / 2-5 Nando Min. 31 / 2-6 Nando Min. 32 / 3-6 Damián Min. 35 / 4-6 David Min. 35 / 4-7 Isaac Min. 36 / 4-8 Pelao Min. 36 / 4-9 Abel Min. 37

Amoestados:
7A9CAFyD Amarelas (0):
7A9CAFyD Vermellas (0):
Garciaarujo FS Amarelas (1): Damián
Garciaaujo FS Vermellas (0):
 
Back to top!