Searching...
domingo, 3 de novembro de 2013

Crónica 3ª Xornada Liga Local

LOCAL
#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD perde ante o Balseiros-Campaño a falta de 30 segundo para acabar o partido.

O equipo de local segue mostrando unha gran melloría e comezou o partido pechado en 15 metros para saír á contra. Nos primeiros minutos o Balseiros asediou aos locais con disparos de lonxe, pero as mellores ocasións chegaban para o 7A9CAFyD á contra. A primeira metade non tivo máis historia e finalizou co marcador inicial.

A segunda parte foi un calco da segunda e cando parecía que habría repartición de puntos, chegou o mazazo para os locais. A falta de 30 segundos para o final do partido, David marcaba o único tanto do partido e daba a vitoria ao Balseiros.

Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Miguel, Antonio, Alan, Aaron, Viñas. Xogaron: Anselmo, Carlos, Miguel, Bouzas, Wiki, Jorge.
Balseiros - Campaño.-
Cinco Inicial: Fran, Daniel, José, Sergio, David Xogaron: Manuel, Diego.

Equipo arbitral: Jesús Gómez

Goles:
0-1 David, Min. 49.

Amoestados:
7A9CAFyD Amarelas (0):
7A9CAFyD Vermellas (0):
Balseiros - Campaño Amarelas (0): 
Balseiros -Campaño Vermellas (0):
 
Back to top!