Searching...
domingo, 24 de novembro de 2013

Crónica 10ª Xª Galega Sur

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cede un empate ante o Pandiña mercé a un inexistente penalti nas postrimerías do encontro. 

O equipo local saíu desde o inicio en busca do partido e plantexou unha presión en toda a pista que afogou o xogo dos visitantes. O 7A9CAFyD dominaba o encontro e as ocasións sucedíanse, pero entre a falta de acerto, os paus, un total de 4 e a boa actuación do porteiro visitante provocaron que o marcador non se movese en toda a primeira metade.

A segunda parte continuo co guion da primeira, os locais asediaban ao Pandiña pero o gol resistíase. No minuto 32 un disparo de Nando facia xustiza e adiantaba ao 7A9CAFyD no marcador. O gol asentou aínda máis aos locais que continuaban coa súa presión e xerando ocasións de ampliar a vantaxe. Pero o infortunio cebouse de novo cos locais e a falta de 1:52, nunha das poucas chegadas do Pandiña, sinálase un inexistente penalti que Esteban transformaba situando as táboas no marcador. Tralo empate o equipo saíu de 5 en busca dun novo gol pero o marcador non se movería. Malia a desacertada decisión, o equipo cedeu dous punto debido á súa falta de acerto ao longo de todo o partido. 

Finalmente apuntar que o partido serviu de colofón a unha xornada de colaboración humanitaria co Pobo Filipino e durante toda a xornada de futsal do sábado se recaudaron fondos que seran entregados á longo da semana ás fillas da caridade de Marín.



FICHA TÉCNICA
7A9CAFyD
Cinco Inicial:
Pol, Millán, Isaac, Abel y Alex
Xogaron:
Pelao, Nando, José R., Víctor, Farra
PANDIÑA CHAMPIONS LEAGUE BAR
Cinco Inicial:
David, Rubén, Guillermo, José e Iván
Xogaron:
Rubén L., Esteban, Iago, Breixo, Rubén A., Daniel, Xes
Equipo Arbitral:
Victoria Mosquera y Jorge Fernández
Cronometrador/a:
Mariluz Mendoza
Goles:
1-0 Nando Min. 32 / 1-1 Esteban Min 38 /
AMONESTADOS
7A9CAFyD Amarelas (2):
José R., Abel
7A9CAFyD Vermellas (0):

Pandiña FS Amarelas (5):
Rubén L.(2), David, Breixo, Iván
Pandiña FS Vermellas (1):
Rubén L.


0 comentarios :

Publicar un comentario

 
Back to top!