Searching...
domingo, 27 de outubro de 2013

Crónica 4ª Xornada Provincial


#lendiñafutsal O 7A9CAFyD non tivo o seu día e pagou caros os seus erros ante o FS Cuntis. 

O partido iniciouse con dous equipos en busca do gol e coa presión moi alta. Nos primeiros minutos ambos equipos desaproveitaban as súas ocasións, pero a partir do minuto 5 os visitantes mostraron o seu maior acerto e poñían o 0 a 3 a falta de 10 minutos para o descanso. Nese instante os locais buscaron achegarse e puxeron en liza o Porteiro Xogador, pero acto seguido o Cuntis facía o cuarto. A pesar do gol os locais non desfaleceron e reduciron distancias antes do descanso, ao que se chegaría cun resultado de 2 a 4.

A segunda metade comezou como a primeira pero cos locais máis metidos e intentando dar a volta ao marcador. Pero sería nunha xogada desafortunada, cun xogador local no chan cando os visitantes farían o 2 a 5 no minuto 28. A partir de aí, de novo porteiro xogador para os locais, que non conseguiron reducir distancias e volveron encaixar dous goles máis a porta baleira, que poñían o definitivo 2 a 7 para o Cuntis.

Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Carlos, Alex R., Anxo N., Guille, Pablo C. Xogaron: Isaac, Anxo, Maka, Juan.
FS. Cuntis-
Cinco Inicial: David, José, David M., Óscar, Manuel. Xogaron: Juan C., Alberto, Diego, Daniel.

Equipo arbitral: Jesús Novás. Cronometrador: Sergio Arce

Goles:
0-1 David, Min. 5 / 0-2 José, Min. 7 / 0-3 Diego, Min. 9 / 0-4 David, Min. 12 / 1-4 Anxo, Min. 15. / 2-4 Alex R. Min. 18/ 2-5 Manuel Min. 27 /2-6 José Min. 33 /2-7 Diego Min 35.

Amonestados:
7A9CAFyD Amarelas (5): Anxo N. (2), Anxo, Maka (2)
7A9CAFyD Vermellas (2): Anxo N. e Maka
FS Cuntis Amarelas (1): Alberto
FS Cuntis Vermellas (0):
 
Back to top!