Searching...
domingo, 27 de outubro de 2013

Crónica 2ª Xornada Liga Local

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD perde ante o Xustans nun partido marcado polos erros na saída de balón. 


Os visitantes iniciaron o encontro pechados atrás e esperando ao Xustans para saír á contra. Aos 7 minutos unha boa contra dos locais finalizou cun belo gol de vaselina de Fernando. Tralo gol chegaron varias ocasións para os visitantes que non souberon aproveitar. Pasaban os minutos e ningún equipo dominaba o partido pero no minuto 19 un erro na saída do balón propiciaba o 2 a 0 obra de Jerónimo. Un novo erro no saque do porteiro, xusto antes do descanso aproveitábano os locais para poñer o 3 a 0 por medio de Iago M.

A segunda metade continuou coa mesma tónica da primeira, ningún equipo dominaba con claridade e as ocasións eran para ambos equipos. Un novo erro, esta vez, no saque dunha falta a favor do 7A9CAFyD, aprovéitoa o Xustans para poñer o 4 a 0 á contra por medio de Iván no minuto 35. No minuto 37 Alan reducía distancias á saída dun córner e o 7A9CAFyD creu na remontada. Tres minutos despois Wiki cun bonito gol de cabeza, situaba o 4 a 2 no marcador. Cando mellor xogaban os visitantes chego a sentenza, Fran na saída dunha falta poñía o 5 a 2 e freaba a reacción visitante no minuto 43. A falta de 4 minutos para o final de novo un erro na elaboración propiciou o 6 a 2 definitivo obra de Fran.



Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Miguel, Antonio, Viñas, Alan, Bouzas. Xogaron: Fran, Anselmo, Miguel, Wiki 
Xustans FS.-
Cinco Inicial: Hugo, Jero, Fernando, Jerónimo, Fran. Xogaron: Roberto, Iván, José A., Jerónimo, Eulogio, Iago M., Rubén. 



Equipo arbitral: Jesús Otero. 


Goles:
1-0 Fernando, Min. 7 / 2-0 Jerónimo, Min. 19 / 3-0 Iago M., Min. 24 / 4-0 Iván, Min. 35 / 4-1 Alan, Min. 37 / 4-2 Wiki, Min. 40 / 5-2 Fran, Min. 43 / 6-2 Fran, Min. 46.



Amonestados:
7A9CAFyD Amarelas (1): Miguel
7A9CAFyD Vermellas (0):
Xustans FS Amarelas (1): Iván
Xustans FS Vermellas (0):
 
Back to top!