Searching...
domingo, 29 de setembro de 2013

Crónica 2ª Xornada Galega Sur

#lendiñafutsal: o equipo de Galega Sur debuta na casa cunha nova vitoria. Os locais saíron o partido cunha gran intensidade e no primeiro cuarto do partido desarbolaron o seu rival cun gran xogo.

Pasados 7 segundos do primeiro minuto, Víctor, adiantaba os locais con un gran disparo dende 30 m. tras ver adiantado o porteiro visitante.  Tan so un minuto despois Abel facía o 2-0 nunha gran xogada persoal, regateando a dous contrarios.

O 7A9CAFyD seguía ca súa presión en toda a pista e as ocasións sucedíanse e superaban o seu rival en tódalas facetas de xogo. Os 7 minutos chegaba o terceiro por mediación de Farra nunha falta directa executada maxistralmente. Co 3 a 0 os locais baixaron un pouco o ritmo e o Cereixa tivo o seu momento, pasada a metade da primeira parte, aproveitando para poñer o 3-1 no marcador no minuto 14 por medio do Nº 6. O gol xerou certas dubidas nos locais pero souberon aguantar o empuxe do rival e chegamos o descanso ca vantaxe de 3 a 1.

A segunda metade comezou como a primeira, os locais ca presión en toda a pista e os visitantes con dificultades para saír xogando. O longo de toda a segunda metade os locais puideron sentenciar o partido en varias ocasións, pero o acerto do porteiro do Cereixa, mantiña con vida os seus. Trala falta de acerto local chegou o castigo e a falta de 2 minutos para o final, repetindo o xogador Nº 6, recortaba distancias e situaba o 3-2 no marcador que facía peligrar os 3 puntos en xogo. A pesar do gol, o equipo soubo sobre-poñerse e volver a súa mellor versión para conseguir o definitivo 4-2 por medio de Abel, a falta de 11 segundos para o final, logrando así a súa segunda vitoria da tempada.

Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Néstor, Nando, Víctor, Millán, Abel. Xogaron: Pol, Pelao, Iván, José R., Jaco, Farra y Alex
Cereixa FS.-
Cinco Inicial: Josue, Mario, Samuel, Eloy, Alejandro. Xogaron: Dario, Eduardo, Damián, Abrahaan

Goles:
1-0 Víctor, Min 1. / 2-0 Abel, Min 2. / 3-0 Farra, Min 7. / 3-1 Abrahaan, Min 14. / 3-2 Abrahaan, Min 38. / 4-2 Abel Min 39.

Amonestados:
7A9CAFyD, Amarelas: Jaco
7A9CAFyD, Vermellas (0):
Cereixa FS, Amarelas: Alejandro y Damián
Cereixa FS, Vermellas (0): 
 
Back to top!