Searching...
domingo, 29 de setembro de 2013

Crónica 1ª Xornada Provincial

#lendiñafutsal: Comezo agridoce para o equipo de liga provincial. O xoven equipo filial, con 6 xogadores sub 23 e aínda en estado de formación, pagou cara a súa inexperiencia e rematou perdendo un partido que tivo nas súas mans.

O inicio de partido foi o propio de dous conxuntos debutantes na categoría, ambos equipos estudaban o seu rival e preocupábanse máis das defensas que dos ataques. Aínda así pronto apareceu o descaro da xuventude e os nosos comezaron a ter claras ocasións. Os 12 minutos Maka poñía o 1-0 e inauguraba a tempada goleadora nunha boa combinación con Pablo. A partires do gol as ocasiones sucedéronse en ambas áreas e os porteiros eran os protagonistas. A punto de chegar o descanso, no minuto 17 Anxo, poñía o 2-0 no marcador e aumentaba a vantaxe dos nosos. Un minuto despois Alfonso reducía distancias nun saque de córner colocando o 2 a 1 co  que chegamos o descanso.

Na segunda metade os locais acusaron a súa inexperiencia e os 5 minutos encaixaban o empate nun error de marca nunha falta, David empuxaba o balón libre de marca. No minuto 32 repetíase a historia e outro erro nunha falta propiciaba o 2 a 3 para a SD Nosas Rúas por medio de Lionel. Tras ver como o rival lle daba a volta o marcador, o 7A9CAFyD volveu mostrar o seu descaro e puxo as táboas no marcador a falta de 4 minutos nunha contra finalizada por Pablo. Cando parecía que o partido finalizaría nun empate chegou o mazazo para os locais que viron como a falta de 1:30, Borja facía o definitivo 3 a 4. A pesar da derrota os nosos mostraron unha gran imaxe, demostrando que teñen un amplo marxe de mellora.

Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-Cinco Inicial: Carlos, Alex, Anxo, Maka y Pablo. Xogaron: Anxo N., Pablo C., Isaac y Juan
SD Nosas Ruas.-Cinco Inicial: Alberto, Lionel, David, Celestino y Alfonso. Xogaron: Daniel, José Manuel, Borja y Álvaro

Goles:1-0 Maka, Min 12. / 2-0 Anxo, Min 17. / 2-1 Alfonso, Min 18. / 2-2 David, Min 25. / 2-3 Lionel, Min 32. / 3-3 Pablo C, Min 36. / 3-4 Borja Min 38.

Amonestados:
7A9CAFyD, Amarelos (4): Carlos, Anxo N., Pablo C. y Pablo
7A9CAFyD, Vermellos (0):
SD Nosas Rúas, Amarelos (3): David, Álvaro y Juan Alberto (Adestrador)
SD Nosas Rúas, Vermellos (0):

 
Back to top!