Searching...
luns, 11 de novembro de 2013

Crónica 6ª Xornada Provincial

#Lendiñafutsal: O 7A9CAFyD segue sen collerlle o pulso á provincial e o xoven equipo, paga cara a súa inexperiencia nos momentos decisivos do encontro, nun partido de ida e volta.


A primeira metade iniciase con dous equipos esperando aos seus rivais en media pista pero o rigor táctico durou o que tardou en aparecer o primeiro gol. Aos 4 minutos José, adiantaba ao Conchita e a partir de aí o partido volveuse tolo, con continuos contragolpes e ocasións para os dous equipos. Tan só 20 segundos despois Guille empataba o encontro de novo. Tras moitos erros de ambos equipos, chegou un novo intercambio de golpes, no minuto 13 repetía José, e un minuto despois Anxo volvía a empatar o encontro. Pero esta vez o Conchita volveu contestar e no 15, Yago poñía o 2-3 co que se chegaría ao descanso.


Na segunda metade o partido non cambiou, pero a ansiedade local por conseguir os seus primeiros puntos condénoulles e cando estaban no seu mellor momento chegou o mazazo. En 5 minutos os visitantes lograron 3 novo goles que sentenciaban o partido. Un minuto despois do sexto visitante, Anxo reducía distancias de novo situando o 3 a 6 final. Nos últimos minutos os locais xogaron de cinco para intentar a remontada pero o marcador xa non se movería.


FICHA TÉCNICA
7A9CAFyD
Cinco Inicial:
Néstor, Anxo, Anxo N., Pablo C., Maka.
Xogaron:
Guille, Isaac, Borja, Alex R. y Juan.

Casa Conchita
Cinco Inicial:
Miguel L., Miguel, José, Daniel, Rafa
Xogaron:
Yago
Equipo Arbitral:
Jesús Novás.
Cronometrador/a:
Jorge Roldan
Goles:
0-1 José, Min. 4 / 1-1 Guille, Min. 4 / 1-2 José, Min. 13 / 2-2 Anxo, Min. 14 / 2-3 Yago, Min. 15 / 2-4 Miguel, Min. 27 / 2-5 Miguel, Min. 31 / 2-6 José, Min. 32 / 3-6 Anxo, Min. 33

AMOESTADOS
7A9CAFyD Amarelas (2):
Anxo N. e Isaac
7A9CAFyD Vermella (0):

 Casa Conchita Amarelas (1):
Yago
 Casa Conchita Vermellas (0):




 
Back to top!