Searching...
domingo, 20 de outubro de 2013

Crónica 5ª Xornada Galega Sur

#lendiñafutsal: Tres é o número crave do partido. 3 goles en 3 minutos, así comezou o partido en Redondela. 

O 7A9CAFyD mostrou a súa peor cara ante un equipo que o superou en intensidade e ganas de gañar. No minuto 1 marcaban os redondeláns a través de Juan José. Este gol non serviu para espolear aos nosos nin moito menos, 57 segundos máis tarde un erro defensivo propiciaba o 2 a 0 obra de Jorge e tan só 25 segundos despois chegaba o terceiro nun novo agasallo á saída dunha saque de banda colocando Miguel o 3 a 0 en 3 minutos. A partir de aí o partido tivo pouca historia, os visitantes intentábano pero non conseguían materializar ningunha ocasión e a medida que pasaba os minuto os locais atopábanse máis cómodos. Un novo erro esta vez do porteiro visitante nun disparo afastado supuxo o 4 a 0 aos 10 minutos obra de Daniel. Con ese resultado chegábase ao descanso, tras unha primeira metade marcada polo 3. Tres minutos, tres goles e tres erros, tres goles.

A segunda metade foi un guión esperado, os visitantes saíron con ganas de reducir distancias e os locais a esperar a súa ocasión para aumentala. Tras 10 minutos de infrutuosos intentos chego o 5 do Redondela obra de Pablo. Tralo quinto gol e sen nada que perder o 7A9CAFyD opto por xogar os últimos 10 minutos con porteiro xogador, pero nin así foi capaz de estrear o seu marcador. En cambio os locais aproveitaron tres ocasiones máis para endosar unha dura goleada aos nosos.

Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Pelao, Nando, Iván, José R., Néstor. Xogaron: Víctor, Farra, Millán, Anxo, Abel, Alex.
Redondela FS.-
Cinco Inicial: Daniel, Juan José, Jorge, Iván, Miguel. Xogaron: Francisco, Yago, Pedro, Jorge C., Jorge A., Manuel, Pablo.

Equipo arbitral: Fernando Bello y Manuel Jul. Cronometradora: Marisa Blanco

Goles:
1-0 Juan José, Min. 1 / 2-0 Jorge, Min. 2 / 3-0 Miguel, Min. 3 / 4-0 Daniel, Min. 10 / 5-0 Pablo, Min. 30 / 6-0 Miguel, Min. 31 / 7-0 Jorge C. Min. 34 / 8-0 Jorge A. Min. 40.

Amoestados:
7A9CAFyD Amarellas (2): Pelao y José R.
7A9CAFyD Vermellas (0):
Redondela FS Amarelas (1): Daniel
Redondela FS Vermellas (0):
 
Back to top!