Searching...
domingo, 20 de outubro de 2013

Crónica 3ª Xornada Provincial GºA

#lendiñafutsal: O equipo filial do 7A9CAFyD mostro unha gran melloría ante un dos equipos máis fortes da categoría. Un solitario gol de Pedro mediada a segunda metade daríalle a vitoria ao Lume nun encontro moi disputado. 

O partido comezou co Lume en busca do partido e os nosos saíndo á contra, pero os porteiros se erixiron nos protagonistas do encontro atallando todas as acometidas de ambos equipos. Ao descanso chegar co marcador inicial e cun 7A9CAFyD que se vía cada vez máis capaz de sacar algo positivo.

Na segunda metade o partido continuaba igual pero os mozos xogadores visitantes cada vez tiñan máis descaro e un maior número de oportunidades. Pero o Lume golpeo primeiro e aos 30 minutos e Pedro cara ao único gol que se vería no encontro. De aí ao final os visitantes buscaron a igualada e os locais ampliar o marcador, pero este xa non se movería.

Gran melloría mostrada por 7A9CAFyD que malia a súa mocidade lle esta collendo o pulso á categoría e vai a máis semana a semana.

Ficha Técnica:7A9CAFyD.-Cinco Inicial: Carlos, Anxo, Maka, Guille, Alex R. Jugaron: Anxo N., Pablo C., Isaac.Lume Bamboo Calypso.-Cinco Inicial: Miguel, Miguel V., Cristian, Rubén, Paulo. Jugaron: Eduardo, Alberto, Pablo, Pedro, Andre, Francisco, Iago. Equipo arbitral: José A. Acuña. Cronometrador: José C. Acuña Goles:1-0 Pedro, Min. 30 Amoestados:7A9CAFyD Amarelas (0):7A9CAFyD Vermellas (0):Lume Bamboo Calypso Amarelas (1): CristianLume Bamboo Calypso Vermellas (0):
 
Back to top!