Searching...
luns, 11 de novembro de 2013

Crónica 8ª Xornada Galega Sur

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae nun derbi marcado pola efectividad de cara a portería. 

No inicio de partido o noso rival tivo unha porcentaxe de acerto inusual e logruo converter 5 dos seus sete primeiros disparos a porta, abrindo unha brecha no marcador insalvable o resto do partido. 

Aos 2 minutos Alva abría o marcador e con dous goles máis no minuto 5 e minuto 9 iniciaba a súa conta que pecharía con 5 goles. No minuto 12 Víctor poñía o 0 a 4 e no minuto 13 Iván poñia o marcador cun 0 a 5. Neses 13 minutos o partido quedou visto para sentenza. A falta de 4 minutos para o descanso Isaac conseguiría dous goles nos minutos 16 e 17 que recortaban distancias e daban esperanzas aos locais pero tan só 40 segundos despois, Alva anotaba o sexto e falta de 5 segundos para o descanso, o sétimo que finiquitaba o encontro.

A segunda metade foi un quero e non podo dos locais, que mostraron a súa mellor versión de xogo e a súa peor versión de cara a portería. Cun total de 27 disparos a porta do 7A9CAFyD por 12 do seu rival, só foi capaz de anotar un gol do mesmo xeito que o seu rival. Ao final 3 a 8 para os visitantes que se levan os 3 puntos nun encontro coa intensidade propia dun derbi.


FICHA TÉCNICA
7A9CAFyD
Cinco Inicial:
Pol, Iván, Isaac, Abel, Alex.
Xogaron:
Pelao, Nando, José R., Víctor, Farra, Millán y Néstor.
Alianza Española Poio FS
Cinco Inicial:
Iván, Alva, Felix, Simal, Adrián
Xogaron:
Víctor, Rodrigo, Iván F., Jonatan, Ildefonso, Alberto y Jacobo
Equipo Arbitral:
Stefan González
Miguel A. Crestelo.
Cronometrador/a:
Cristian Rodríguez
Goles:
0-1 Alva, Min. 2 / 0-2 Alva, Min. 5 / 0-3 Alva, Min. 9 / 0-4 Víctor, Min. 12 / 0-5 Iván F. Min. 13 / 1-5 Isaac, Min. 16 / 2-5 Isaac, Min. 17 / 2-6 Alva, Min. 17 / 2-7 Alva, Min 20 / 2-8 Iván F., Min. 36 / 3-8 Víctor, Min. 39
AMOESTADOS
7A9CAFyD Amarelas (6):
Pelao, Nando Iván, Farra, Isaac (2)
7A9CAFyD Vermella (1):
Isaac
 A.E. Poio FS Amarelas (5):
Iván, Jonatan, Ildefonso, Adrián (2)
 A.E. Poio FS Vermellas (2):
Adrián, Marsillas (Entrenador)
 
Back to top!