Searching...
domingo, 6 de outubro de 2013

Crónica 3ª Xornada Galega Sur

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD vence en Moaña o San Martiño e logra a súa terceira vitoria consecutiva.


Os nosos saíron dende o inicio do encontro a polo mesmo cunha presión en toda a pista que asfixiaba por momentos os locais. Nos primeiros minutos do partido, os visitantes dispuxeron de varias ocasións claras para inaugurar o marcador incluído un disparo a madeira. Mediada a primeira metade o 7A9CAFyD non conseguía abrir o marcador e tivo uns instantes de dubida, onde os locais aproveitaron para dispor das súas mellores ocasións a contra. A primeira metade finalizou cos nosos en busca do gol, pero o resultado inicial non se movería neste período.


Comezaba a segunda metade e o 7A9CAFyD recibía un duro castigo na primeira xogada dos locais, un disparo lonxano de César tocaba nun defensor que desviaba a traxectoria e o introducía na portería. O gol animou os locais, e os nosos acusaron o golpe, pasando os 5 minutos de mais apuro do encontro. Pero este equipo demostrou unha vez máis que ten alma de gañador, e con dous goles de Abel no minuto 27, dáballe a volta o marcador. Tras darlle a volta o partido, un minuto despois os locais aproveitaban unha falta indirecta o borde da area para empatar de novo a través de Juan no 28. A pesar do infortunio o equipo repúxose outra vez e no minuto 30, Iván facía o 2 a 3 co que se chegaría o final. Os minutos finais foron un calco do partido, o 7A9CAFyD podendo sentenciar o partido e o San Martiño saíndo a contra. Os locais saíron con porteiro-xogador a falta de minuto e medio dispoñendo de algunha ocasión para empatar pero os visitantes souberon aguantar o resultado.

Ficha Técnica:
San Martiño FS.-
Cinco Inicial: Salvador, José, Diego M., Aaron, César. Xogaron: Carlos David, Gael, Juan, Rubén e Javier.
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Nando, Jaco, Víctor, Abel, Néstor. Xogaron: Pol, Pelao, Iván, José R., Farra, Millán e Alex.

Equipo arbitral: Enrique Novoa e Alberto Dacosta / Cronometradora: Sandra Gómez

Goles:
1-0 César, Min. 21 / 1-1 Abel, Min. 27 / 1-2 Abel, Min. 27 / 2-2 Juan, Min. 28 / 2-3 Iván, Min. 30.

Amonestados:
San Martiño FS Amarelas (0):
San Martiño FS Vermellas (0):
7A9CAFyD Amarelas (0):
7A9CAFyD Vermellas (0):

 
Back to top!