Searching...
domingo, 22 de setembro de 2013

Crónica 1ª Xornada Galega Sur

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD comeza a tempada con vitoria a domicilio nun encontro duro enfronte do Marcón.

Os locais expuxeron unha dura defensa en media pista, saíndo con transicións rápidas e balóns longos intentando gañar a costas dos nosos. 

Pola contra o 7A9CAFyD levaba o peso do partido e tras comezar ca defensa en media pista, decide subir a mesma a 3/4 de pista, o pouco de comezar o encontro e mantela o longo de todo o partido. 

No minuto 9 Miguel Ángel abriría o marcador cunha xogada persoal que finalizou el mesmo. A pesar do gol os nosos non se descompuxeron, e dous minutos despois poñían as táboas no marcador cun bonito gol de Abel que entrou pola escuadra. No minuto 13 Jacobo dáballe a volta o marcador resolvendo un 1*1 co porteiro visitante. Dende aí o final da primeira parte o 7A9CAFyD puido incrementar a súa vantaxe pero o acerto do porteiro local impediuno. Tras tanto perdoar por parte dos visitantes chegou a igualada local a 2 minutos do descanso a saída dun córner por mediación de Sergio Rafael, chegando con empate a 2 o tempo de descanso.

A segunda metade comezaba co mesmo guión ca primeira, os locais esperando en media pista e os nosos presionando en busca do partido. As ocasións sucedíanse na portería local pero a falta de acerto facía que o marcador non se movese. No minuto 27 o 7A9CAFyD desfacía o empate na mellor xogada do partido. Un ataque colectivo onde participaron todos os xogadores do equipo circulando o balón a espera da súa oportunidade, que chegou cun balón interior que resolveu de forma brillante Nando.

A falta de 10 minutos para o final ambos equipos colocáronse con 5 faltas, feito que terminou de decidir o encontro, xa que os locais erraron os dous que tiveron e os visitantes transformaron dous das caro oportunidades das que dispuxeron. Nando con 2 acertos, ambos no minuto 36, conseguía o seu primeiro hactric da tempada e o 7A9CAFyD os seus 3 primeiros puntos.

Ficha Técnica:
Marcón F.S. - Cinco inicial: Nº2 Gastón, Nº3 Rodrigo, Nº7 Jorge, Nº8 Borja, Nº10 Rubén. 
Xogaron: Nº6 Fran, Nº5 Iván, Nº4 Sergio Rafael (1), Nº11 Miguel Ángel (1), Nº12 Damián

7A9CAFyD. - Cinco Inicial: Nº3 Alex, Nº6 Jose R, Nº7 Jaco (1), Nº4 Nando (3), Nº10 Millán
Xogaron: Nº2 Pol, Nº5 Iván, Nº8 Víctor, Nº9 Farra, Nº11 Maka, Nº12 Abel (1), Nº14 Nestor

Goles: 
1-0 Miguel Ángel Min. 9 / 1-1 Abel Min. 11 / 1-2 Jaco Min. 13 / 2-2 Sergio Rafael Min. 18 / 2-3 Nando Min. 27 / 2-4 Nando Min. 36 / 2-5 Nando Min. 36

Amonestados:
Equipo Local, Amarelas: Nº 11, Nº5, Nº4, Nº7, Nº6(2)
Equipo Local, Vermellas: Nº6
7A9CAFyD, Amarelas: Nº4, Nº8, Nº10 


 
Back to top!