Searching...
domingo, 17 de novembro de 2013

Crónica 9ª Xornada Galega Sur

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD logra a vitoria en Gondomar ante o SD Abetos con máis apuros dos esperados. 

Os nosos plantexaron un encontro con presión en toda a pista e os locais non eran capaces de sobrepoñerse á mesma. As ocasións sucedíanse pero o 7A9CAFyD non as materializaba e o Abetos chegaba en ocasións illadas á contra. Mediado o primeiro tempo, Abel lograba abrir o marcador cun forte disparo desde longa distancia. A partir do gol os visitantes mostraron a súa mellor versión de xogo pero non conseguiron ampliar a súa vantaxe. A falta de dous minutos para o descanso o Abetos lograba empatar o partido nunha xogada embarullada que materializo Rubén.

Na segunda metade o 7A9CAFyD saíu disposto sentenciar o partido, e no primeiro minuto da reanudación José Ramón adiantaba de novo ao equipo. Tras errar varias ocasións claras, chegou o terceiro aos 29 minutos por medio de Víctor, nunha rápida transición con Pelao, finalizada no segundo pau. Co 1 a 3 o partido estaba tranquilo e parecía que a vantaxe podía ampliarse, pero a falta de 5 minutos un novo gol dos locais, nunha xogada plagada de rebotes, situaba o 2-3 e levaba o nerviosismo aos nosos. Os locais xogaron os últimos minutos de 5 pero o marcador xa non se movería e os nosos lograrían 3 importantes puntos.


FICHA TÉCNICA
7A9CAFyD
Cinco Inicial:
Pol, Pelao, Víctor, Isaac y Alex
Jugaron:
Nando, José R., Farra, Abel
SD ABETOS
Cinco Inicial:
Santi, Juan, Pablo, José L. y Miguel
Jugaron:
Roi, Gerson, Lucas, Rubén, Adrián, Edu
Equipo Arbitral:
Alfredo Castro y Francisco J. Roldán
Cronometrador/a:
Pedro Mandías
Goles:
0-1 Abel Min. 10 / 1-1 Rubén Min 18 / 1-2 José R. Min 21 / 1-3 Víctor Min 29 / 2-3 José L. Min 35
AMONESTADOS
7A9CAFyD Amarillas (1):
José R.
7A9CAFyD Rojas (0):

SD Abetos Amarillas (3):
Juan, Gerson, José Luis (Entrenador)
SD Abetos Rojas (0):


 
Back to top!