Searching...
domingo, 3 de novembro de 2013

Crónica 5ª Xornada Provincial

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae en Redondela nun partido marcado pola falta de acerto dos visitantes.

A primeira parte iniciase con dous equipos esperando en media pista e con medo a encaixar o primeiro gol. Co paso dos minutos os novos equipos, fóronse soltando e o rigor táctico se esfumou nos últimos 10 minutos, converténdose nun partido de ida e volta. No Minuto 17 Álvaro adiantaba aos locais cun duro disparo desde a frontal. Tan só un minuto despois Guille empataba o partido cunha bonita xogada persoal. 

Antes do descanso chego é espectáculo arbitral, detivo o partido debido á presenza dunha cámara de vídeo e fixo un simulacro con chamar á policía, pero non chegou facelo. No descanso chamou a ambos delegados ao seu vestiario e ameazou de novo aos visitantes dicindo que emprendería todas as accións legais a nivel persoal contra o presidente do club, se se difundía unha soa das imaxes. queremos deixar constancia diso xa que é triste que o estamento arbitral, non se dedique a realizar o seu labor e respectar aos clubs, cremos que para gañarse o respecto hai que respectar primeiro. Todos somos parte do xogo e somos necesarios para o desenvolvemento da competición pero o respecto e a educación debe ser mutua e non unilateral.

Na segunda metade cos nosos na cabeza noutro sitio, co condicionamento arbitral presente, o partido cambiou e o Redondela soubo aproveitar a situación. No minuto 23 Pedro facía o 2 a 1 e no 31 Pablo colocaba o 3 a 1. A falta de 3 minutos para o final os visitantes intentárono xogando de 5 pero un erro na circulación propicio o definitivo 4 a 1 obra de Rubén no minuto 39.

Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Néstor, Anxo, Anxo N., Guille, Isaac. Xogaron: Alex R., Pablo C., Borja, Maka
Redondela FS.-
Cinco Inicial: Javier, Rubén, Pedro, Ismael, Pablo. Xogaron: Raúl, José A., Luís, Álvaro.

Equipo arbitral: Paulo Jorge Covelo. Cronometrador: José Carlos Acuña

Goles:
1-0 Álvaro, Min. 17 / 1-1 Guille, Min. 18 / 2-1 Pedro, Min. 23 / 3-1 Pablo, Min. 31 / 4-1 Rubén, Min. 39.

Amoestados:
7A9CAFyD Amarelas (5): Alex R., Pablo C., Anxo, Carlos (Delegado), Juan (Adestrador)
7A9CAFyD Vermellas (1): Juan (Adestrador)
Redondela FS Amarelas (2): Pedro, Pablo
Redondela FS Vermellas (0):
 
Back to top!