Searching...
domingo, 27 de outubro de 2013

Crónica 6ª Xornada Galega Sur


#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae ante o líder Lavadores nun encontro intenso e igualado. 

Na primeira metade ambos equipos esperaron ao rival ca sua defensa en media pista. Os visitantes intentaron desnivelar o marcador nos primeiros minutos, pero a boa defensa local impedía que o marcador se movese. Pasados os primeiros 5 minutos os nosos comezaron a crear perigo, e ata estrelaron un balón no poste que puido abrir o marcador. Os últimos minutos da primeira parte, foron de ida e volta para ambos equipos e aí o Lavadores sacou vantaxe e inauguraba o marcador no minuto 15 por medio de Rubén, que volvería marcar tan só dous minutos despois e poñer aí o 0 a 2 co que se chegaría ao descanso.

A segunda metade, foi totalmente diferente, os locais saíron decididos a darlle a volta ao marcador e subiron a liña de presión a tres cuartos. Tras uns primeiros minutos cheos de ocasións, o gol non chegaba e os visitantes comezaban a crear perigo de novo, pero no minuto 28 o 7A9CAFyD recortaba distancias por medio de Farra. Tan só dous minutos despois o infortunio cebouse cos locais e Farra introducía o balón na súa propia portería e poñía o 1 a 3 no marcador. A pesar do golpe os locais non se viñeron abaixo e tentárono todo, chegando a xogar os último 5 minutos con porteiro xogador, pero o gol non chegaba e ata se desperdiciaba un dobre penalti a falta de 1:33 que podía cambiar o sino do encontro. Tan só 30 segundos despois chegaba o 4º do Lavadores nun hafalta que se coou entre a barreira e sentenciaba o encontro.

Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Nando, Iván, Víctor, Abel, Alex. Xogaron: Pol, Pelao, José R., Farra, Millán, Néstor.
UD Lavadores FS.-
Cinco Inicial: Javier, Alejandro, Pablo, Marcos, José Luís. Xogaron: Alex, Jacobo, Francisco, Luís, Isaac, Rubén.

Equipo arbitral: José A. Pousada e Víctor M. Caride. Cronometrador: Daniel J. García

Goles:
0-1 Rubén, Min. 15 / 0-2 Rubén, Min. 17 / 1-2 Farra, Min. 28 / 1-3 Farra (PP), Min. 30 / 1-4 Alejandro, Min. 39.

Amonestados:
7A9CAFyD Amarelas (0):
7A9CAFyD Vermellas (0):
UD Lavadores FS Amarelas (2): Marcos e Isaac
UD Lavadores FS Vermellas (0):
 
Back to top!