Searching...
domingo, 13 de outubro de 2013

Crónica 4ª Xornada Galega Sur

 #lendiñafutsal: O 7A9CAFyD cae ante o Mondariz nun partido marcado polo arbitraxe. O partido comezou con ambos equipos presionando en toda a pista. Os locais tentaban marcar o tempo do encontro pero o Mondariz mostrábase moi sólido defensivamente e as ocasións eran escasas. 


Os primeiros 9 minutos trancurriron sen maior incidencia, ata que a fata de 11:30 para o final da primeira metade, a parella arbitrar decidiu ser a protagonista do partido, comezando cunha tarxeta amarela o adestrador local, xustificando a gritos que era ¡porque si! A partir de ese instante decisións sempre se tomaban en contra dos locais e a máis grave chegou a falta de 8:40 tras un tempo morto pedido polos locais. A saída do mesmo permítese sacar os visitantes cando a posesión era nosa, tralas protestas reivindicando o sucedido un dos árbitros di textualmente "Logo o vemos". Os poucos segundos do saque e co barullo montado, ademais de non invalidar o sucedido e repetir o saque devolvéndonos o balón, sucede o seguinte. Un xogador noso cae tendido o chan e precisa ser atendido, tralo permiso dun dos árbitros para atender o xogador o seu compañeiro decide sacarlle cartón amarelo o delegado que ía atender o xogador, ademais expulsar o delgado de pista e acumular a quinta falta os nosos. 


Co 7A9CAFyD fora do partido e sen entender as decisións que se tomaban o Mondariz aproveitou o momento e tras roubar un balón nunha clara falta non sinalada adiantábase por medio de Juan José no minuto 16. Tan so 40 segundo despois chegaría outra decisión polémica en contra dos locais, sinalando un máis que rigoroso dobre penalti en contra que supuxo o 0 a 2 o que se chegou o descanso.


Na segunda metade os locais loitaron por darlle a volta o marcador e no minuto 24, Iván reducía distancias cun gol no segundo pao. No minuto 26 a fortuna demostrou que non estaba cos nosos e Pelao introducía o balón na súa propia portería o intentar interceptar un disparo a saída dun córner. A pesar do golpe o equipo continuou tentándoo e chegaron os mellores minutos dos nosos, pero de novo as decisión arbitrais tomarían protagonismo e a falta de 11:09 expulsase a Pelao cando se encontraba no banco por unha protesta e tras recriminar a diferencia de criterio a hora de permitir as protestas faise o mesmo co noso adestrador. De aí o final o equipo puxo máis corazón que fútbol sala e tentouno incluso xogando con porteiro xogador a falta de 3 minutos pero o resultado xa non se movería. 

Dende o 7A9CAFyD non se quere desmerecer a vitoria do Mondariz, xa que a pesar do sucedido foi o noso peor partido da tempada. Ademais non e a nosa intención poñer escusas a derrota, senón mostrara a nosa indignación ante a falta de respeto e o trato recibido no día de hoxe polo equipo arbitral.


Ficha Técnica:
7A9CAFyD.-
Cinco Inicial: Néstor, Pelao, Nando, Abel. Xogaron: Pol, Iván, José R., Anxo, Maka, Alex y Alex R.

Mondariz FS.-
Cinco Inicial: David, Fernando, Iván, Saúl, Adrián. Xogaron: David B., Juan José, Miguel, David G., Fran, David I., Daniel 

Equipo arbitral: Jesús Otero y Juan González. / Cronometradora: Eva Fontan

Goles: 
0-1 Juan José, Min 16. / 0-2 Juan José, Min 17. / 1-2 Iván, Min 24. / 1-3 Pelao (pp), Min 26. 

Amonestados:

7A9CAFyD, Amarelas (7): Pelao (2), Nando, José R., Manu (Ent. 2), José (Del. 1)
7A9CAFyD, Vermellas (3): Aaron (Delegado Pista) Pelao, Manu
Mondariz FS, Amarelas (1): David
Mondariz FS, Vermellas (0): 

 
Back to top!