Searching...
xoves, 17 de outubro de 2013

Crónica 1ª Xornada Local

#lendiñafutsal: O 7A9CAFyD abriu a tempada da liga local 13-14 enfrontándose o San Roque. Nesta tempada o club puxo en marcha unha nova iniciativa cun equipo formado case integramente por pais dos nenos da base do club.

O equipo estreouse cun sabor agridoce, xa que o apoio recibido na grada non foi suficiente para colleitar unha avultada derrota.

O partido comezou cos visitantes presionando en toda a pista e froito desa presión inauguraban o marcador no minuto 4 por medio de Adrián, que a postre se convertería no protagonista do encontro con 5 tantos. A pesar do tanto o partido estaba igualado e no minuto 11, Carlos facía o empate. Tan só un minuto despois nun erro defensivo nun córner Padín volvía adiantar o San Roque. Antes do descanso chegaría 3 goles máis dos visitantes nos minutos 15 Padín, 18 Adrián e 19 Adri.

Na reanudación os nosos saíron con novos folgos e tentaron reducir distancias, pero en canto comezou a pasar o tempo e chegou o baixón físico a partir do minuto 35, comezaron a chegar os goles visitantes ata poñer o 1 a 11 definitivo. A pesar da derrota o 7A9CAFyD deu unha gran imaxe e seguro que cas gañas de adestrar e a ilusión que mostran os nosos o equipo experimentará unha gran melloría o longo da tempada. ¡XUNTOS MÁIS FORTES! 

Ficha Técnica
7A9CAFyD.-
Xogaron: Miguel, Fran, Antonio, Anselmo, Bouzas, Carlos, Miguel D., Viñas, Wiki, Aaron, Jorge
San Roque.-
Xogaron: Luis, Benjamín, Adri, Adrián, Padín, Rafael, Nicolás

Equipo Arbitral: Jesús Gómez

Goles:
0-1 Adrián Min. 4 / 1-1 Carlos Min. 11 / 1-2 Padín Min. 12 / 1-3 Padín Min. 15 /1-4 Adrián Min. 18 / 1-5 Adri Min 19 / 1-6 Adrián Min. 35 / 1-7 Adri Min. 40 / 1-8 Adri Min. 43 / 1-9 Adrián Min. 45 / 1-10 Nicolás Min. 46 / 1-11 Adrián Min. 51

Amonestados:
7A9CAFyD, Amarelas (0):
7A9CAFyD Vermellas (0):
San Roque Amarelas (0):
San Roque Vermellas (0):
 
Back to top!